venres, 12 de decembro de 2014

Viaxe e aloxamento ó #Sevilla - #Celta coa FdP para o partido do 03/01/15 ás 18:00

A Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo organiza viaxe con aloxamento e visitas para o partido do vindeiro Sábado 3 de Xaneiro de 2015.
 
A saída está programada para o Venres 2 de Xaneiro ás 23:00 desde o Estadio de Balaídos e a volta para o Martes 6 de Xaneiro. O paquete inclúe viaxe en autobus, 3 noites de hotel, almorzo, seguro de viaxe e visitas a Córdoba (Domingo 4) e Cádiz (Luns 5).
 
Prezo Peñistas e abonados do Celta: 175€
Prezo afeccionados en xeral: 185€
 
Último día para reservar e pagar a praza: Venres 26 de Decembro de 2014 ou ata esgotar prazas.
 

martes, 9 de decembro de 2014

Recollida solidaria de alimentos: Venres 19/12/14 de 17:00-20:30


Como xa realizou a FDPC nalgunha outra ocasión, o Venres 19 de decembro de 2014, ante a situación pola que estan atravesando moitas familias do noso entorno, vai organizar con motivo do partido RCCV - UD Almería, unha recollida de alimentos non perecedeiros para entregar a dúas ONG da cidade de Vigo. É por elo que solicitamos a colaboración dos peñistas e siareiros celestes en xeral, para que sexa un éxito a iniciativa e desta forma aportar un gran mais para que os necesitados teñan un bocado para comer.

Quenes colaboren nesta iniciativa, poden deixar os productos na oficina da FDPC o Venres 19, dende as 17:00 ata as 20:30 horas, agradecéndolles de antemán a  súa colaboración para difundir e participar nesta recollida.
 
 Moitas grazas pola vosa colaboración.

luns, 24 de novembro de 2014

Inauguración Peña Celtista do Ribeiro 24/11/14 20:00

A Peña Celtista do Ribeiro quere convidarvos á inauguración da súa peña este Luns 24 de Novembro de 2014 ás 20:00 no restaurante "O Pipotiño" (Lugar da Quinza s/n ó carón da Estrada Nacional N-120) en Ribadavia, Ourense.


A peña quere que compartades con eles un día tan importante para todas as peñas como é a inauguración. Haberá representación da directiva e xogadores do Celta. Estades todas e todos convidados a asistir.


martes, 18 de novembro de 2014

Posibilidade de compra de accións do Celta xestionada por @Siareiros

A Peña Siareiros chegou a un acordo cun accionista que quere vender as súas accións do Celta, e está a xestionar de xeito desinteresado a compra de accións do Celta para todas aquelas persoas interesadas (peñistas e non peñistas) en ser propietarios dunha pequena parte do noso clube.

O prezo de venda queda fixado en 30€ acción, sempre e cando se cheguen ás 500 accións entre todos. A data límite para apuntarse á compra é o Martes 25 de Novembro ás 17:00. Para anotarse hai que enviarlles un e-mail a info@siareiros.net indicando o nº de accións a mercar e os seguintes datos:
nome/apelidos/dni/rúa,nº,andar,porta,CP,cidade/móbil_de_contacto/email_de_contacto



luns, 17 de novembro de 2014

Viaxa con @irmandinos1923 a #VallecasCeleste

¡Viaxa a Vallecas con Irmandiños! 

Apoia ó noso equipo neste estadio que adoita ser complicado para nós.
 
 Tendes toda a información no blog oficial de Irmandiños.

http://irmandinhos1923.wordpress.com/2014/10/31/viaxe-a-vallecas/

"Invasión Celeste" 1ª Carreira popular Fundación Celta de Vigo 08/12/14

A Fundación Celta de Vigo presenta unha nova proposta para animar ó celtismo a continuar unido e ilusionado co equipo. Trátase dunha carreira popular que terá lugar o luns día 8 de decembro e que terá inicio e meta no estadio de Balaidos. A carreira levará o nome de “Invasión Celeste” e o obxectivo é tinguir de celeste as rúas cercanas ó  Estadio e ofrecer a tódolos afecionados unha mañá chea de deporte, celtismo e diversión.

A carreira, que conta co apoio dos xogadores do Real Club Celta, dividiráse en 3 probas. A proba principal será de 6 kilómetros e discorrerá polas rúas cercanas ó estadio e parte do paseo do río Lagares. A segunda proba, irá destinada ós rapaces de entre 6 e 12 anos que constará de 1 kilómetro ó redor do Estadio e unha última proba destinada os máis pequenos, denominada “Chiquicelta” e terá lugar no interior do Estadio e será de 50 metros.

O custe da inscrición é de 6 euros para todas as categorías excepto Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete que será de 1 euro, e Chiquicelta que será gratuita. Coa entrega do Dorsal e Chip  entregarase un agasallo conmemorativo da Invasión  celeste.



xoves, 30 de outubro de 2014

Viaxa coa FdP do Celta ó #RealMadrid - #Celta 06/12/14 20:00

A Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo organiza viaxe con aloxamento para o encontro que enfrontará ó Real Madrid co Real Club Celta o vindeiro Sábado 6 de Decembro de 2014 ás 20:00

A saída está programada para o propio Sábado 6 de Decembro ás 07:00 desde o estadio de Balaídos, e a volta para o Luns 8 de Decembro. Para o Domingo 7 está programada unha visita a Toledo e para o Luns 8 outra visita a Ávila.

O prezo, 125€ para peñistas e abonados do Real Club Celta inclúe a viaxe en autobús, 2 noites de hotel con almorzo, seguro de viaxe e as dúas visitas programadas.
O prezo para afeccionados en xeral é de 135€

O último día para reservar e pagar é o Venres 28 de Novembro (ou ata que se esgoten as prazas). Para pagar, estamos na nosa oficina nos baixos de Balaídos os Venres de 17:00-20:00 e nas previas dos encontros que se xoguen en Balaídos. Imprescindible traer fotocopia do DNI.

Viaxa coa FdP do Celta a Madrid

martes, 14 de outubro de 2014

Inauguración Peña Celtista Le-Chuzas Celestes 15/10/14 20:00

A Peña Celtista Le-Chuzas celestes quere convidarvos á inauguración da súa peña este Mércores 15 de Outubro de 2014 ás 20:00 en "La Goulette" (Rúa Oporto Nº11)



Durante a inauguración, que contará con membros do Real Club Celta de Vigo, da Federación de Peñas e xogadores do Celta, os membros da peña farán un sorteo e haberá pinchos para os asistentes.



Podedes seguir a Le-Chuzas na súa conta de twitter co usuario @le_chuzas https://twitter.com/le_chuzas 

A Federación de Peñas quere dar a benvida a esta nova peña celtista. Benvidos ás peñas do Celta, Le-Chuzas!

venres, 26 de setembro de 2014

Cambio de web na Federación de Peñas

Na Federación de Peñas movemos a nosa páxina ós servidores de Blogger, coa idea de poder xestionar máis fácilmente os contidos multimedia, e ter unha redacción de novas máis áxil e plenamente integrada na web 2.0




Unha nova imaxe para continuar coa presenza na rede da Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo.

Sede benvidos á nova web da FdP do Celta