luns, 17 de novembro de 2014

"Invasión Celeste" 1ª Carreira popular Fundación Celta de Vigo 08/12/14

A Fundación Celta de Vigo presenta unha nova proposta para animar ó celtismo a continuar unido e ilusionado co equipo. Trátase dunha carreira popular que terá lugar o luns día 8 de decembro e que terá inicio e meta no estadio de Balaidos. A carreira levará o nome de “Invasión Celeste” e o obxectivo é tinguir de celeste as rúas cercanas ó  Estadio e ofrecer a tódolos afecionados unha mañá chea de deporte, celtismo e diversión.

A carreira, que conta co apoio dos xogadores do Real Club Celta, dividiráse en 3 probas. A proba principal será de 6 kilómetros e discorrerá polas rúas cercanas ó estadio e parte do paseo do río Lagares. A segunda proba, irá destinada ós rapaces de entre 6 e 12 anos que constará de 1 kilómetro ó redor do Estadio e unha última proba destinada os máis pequenos, denominada “Chiquicelta” e terá lugar no interior do Estadio e será de 50 metros.

O custe da inscrición é de 6 euros para todas as categorías excepto Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete que será de 1 euro, e Chiquicelta que será gratuita. Coa entrega do Dorsal e Chip  entregarase un agasallo conmemorativo da Invasión  celeste.



Ningún comentario:

Publicar un comentario