luns, 24 de novembro de 2014

Inauguración Peña Celtista do Ribeiro 24/11/14 20:00

A Peña Celtista do Ribeiro quere convidarvos á inauguración da súa peña este Luns 24 de Novembro de 2014 ás 20:00 no restaurante "O Pipotiño" (Lugar da Quinza s/n ó carón da Estrada Nacional N-120) en Ribadavia, Ourense.


A peña quere que compartades con eles un día tan importante para todas as peñas como é a inauguración. Haberá representación da directiva e xogadores do Celta. Estades todas e todos convidados a asistir.


martes, 18 de novembro de 2014

Posibilidade de compra de accións do Celta xestionada por @Siareiros

A Peña Siareiros chegou a un acordo cun accionista que quere vender as súas accións do Celta, e está a xestionar de xeito desinteresado a compra de accións do Celta para todas aquelas persoas interesadas (peñistas e non peñistas) en ser propietarios dunha pequena parte do noso clube.

O prezo de venda queda fixado en 30€ acción, sempre e cando se cheguen ás 500 accións entre todos. A data límite para apuntarse á compra é o Martes 25 de Novembro ás 17:00. Para anotarse hai que enviarlles un e-mail a info@siareiros.net indicando o nº de accións a mercar e os seguintes datos:
nome/apelidos/dni/rúa,nº,andar,porta,CP,cidade/móbil_de_contacto/email_de_contacto



luns, 17 de novembro de 2014

Viaxa con @irmandinos1923 a #VallecasCeleste

¡Viaxa a Vallecas con Irmandiños! 

Apoia ó noso equipo neste estadio que adoita ser complicado para nós.
 
 Tendes toda a información no blog oficial de Irmandiños.

http://irmandinhos1923.wordpress.com/2014/10/31/viaxe-a-vallecas/

"Invasión Celeste" 1ª Carreira popular Fundación Celta de Vigo 08/12/14

A Fundación Celta de Vigo presenta unha nova proposta para animar ó celtismo a continuar unido e ilusionado co equipo. Trátase dunha carreira popular que terá lugar o luns día 8 de decembro e que terá inicio e meta no estadio de Balaidos. A carreira levará o nome de “Invasión Celeste” e o obxectivo é tinguir de celeste as rúas cercanas ó  Estadio e ofrecer a tódolos afecionados unha mañá chea de deporte, celtismo e diversión.

A carreira, que conta co apoio dos xogadores do Real Club Celta, dividiráse en 3 probas. A proba principal será de 6 kilómetros e discorrerá polas rúas cercanas ó estadio e parte do paseo do río Lagares. A segunda proba, irá destinada ós rapaces de entre 6 e 12 anos que constará de 1 kilómetro ó redor do Estadio e unha última proba destinada os máis pequenos, denominada “Chiquicelta” e terá lugar no interior do Estadio e será de 50 metros.

O custe da inscrición é de 6 euros para todas as categorías excepto Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete que será de 1 euro, e Chiquicelta que será gratuita. Coa entrega do Dorsal e Chip  entregarase un agasallo conmemorativo da Invasión  celeste.