venres, 2 de outubro de 2015

Viaxe e aloxamento ó #RealSociedad - #Celta coa FdP para o partido do 31/10/15 ás 22:05

A Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo organiza viaxe con aloxamento e visitas para o partido do vindeiro Sábado 31 de Outubro de 2015 no Estadio de Anoeta.
 
 A saída está programada para a madrugada do Venres 30 ó Sábado 31 de Outubro ás 00:00 desde o Estadio de Balaídos e a volta para o Luns 2 de Novembro. O paquete inclúe viaxe en autobus, 2 noites de hotel (Hotel Palacio de Aiete, Donostia), almorzo, seguro de viaxe e excursión o Domingo a Bayonne, Biarritz e Hondarribia.
 
Prezo Peñistas e abonados do Celta: 160€
Prezo afeccionados en xeral: 175€
 
Último día para reservar e pagar a praza: Venres 23 de Outubro de 2015 ou ata esgotar prazas.
NOTA: Imprescindible encher impreso LOPD
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario