xoves, 29 de xaneiro de 2015

Comunicado a todo o Celtismo: #RecibeAoCelta 31/01/15 20:00 Manuel de Castro, Balaídos

 
O Celtismo nos últimos tempos pasou por estados de ánimo contrapostos, dende o sufrimento dunha longa travesía por 2ª división ou unha cruel derrota nunha eliminatoria polo ascenso, ata a euforia absoluta por unha salvación improbable, pasando pola tranquilidade dun equipo na metade da táboa.

Pero se ben os estados de ánimo cambiaban, puidemos presumir de que o que non cambiou nunca foi a unión entre o equipo e a afección, o apoio incondicional, especialmente nos peores momentos. Esta tempada comezámola ilusionados e ben orgullosos dos nosos. Agora tras os malos resultados toca demostrar que confiamos nos nosos. Toca volver a amosarlle ao equipo e a nós mesmos, a todo o mundo, que o Celta e a súa afección son un.

Por isto agora as peñas damos un paso adiante. Imos borrar da cabeza dos xogadores os problemas e os malos resultados. Imos sustituílos por alento e motivación para saír a gañar os dezaoito partidos que temos por diante.

Celtistas, convocámosvos a un recibimento/bengaleo ao equipo este Sábado 31 ás 20:00 na rúa Manuel de Castro

#NuncaRendirse
#SempreCelta
#SempreAfoutezaECorazon


martes, 20 de xaneiro de 2015

Viaxe e aloxamento ó #RealSociedad - #Celta coa FdP para o partido do 07/02/15 ás 22:00

A Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo organiza viaxe con aloxamento para o partido do vindeiro Sábado 7 de Febreiro de 2015.

A saída está programada para a madrugada do Venres 6 ó Sábado 7 de Xaneiro ás 00:00 desde o Estadio de Balaídos e a volta para o Domingo 8 de Febreiro. O paquete inclúe viaxe en autobus, 1 noite de hotel, almorzo e seguro de viaxe.

Prezo Peñistas e abonados do Celta: 85€
Prezo afeccionados en xeral: 95€

Último día para reservar e pagar a praza: Venres 31 de Xaneiro de 2015 ou ata esgotar prazas.