xoves, 3 de setembro de 2015

Viaxe e aloxamento ó #Eibar - #Celta coa FdP para o partido do 26/09/15 ás 22:00

A Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo organiza viaxe con aloxamento para o partido do vindeiro Sábado 26 de Setembro de 2015 no Estadio de Ipurúa.
A saída está programada para a madrugada do Venres 25 ó Sábado 26 de Setembro ás 00:00 desde o Estadio de Balaídos e a volta para o Domingo 27 de Setembro. O paquete inclúe viaxe en autobus, 1 noite de hotel (AC General Álava en Vitoria-Gasteiz), almorzo e seguro de viaxe.
Prezo Peñistas e abonados do Celta: 80€
Prezo afeccionados en xeral: 90€
Último día para reservar e pagar a praza: Venres 18 de Setembro de 2015 ou ata esgotar prazas.