venres, 19 de febreiro de 2016

Viaxe e aloxamento ó #RealMadrid - #Celta coa FdP para o partido do 05/03/16 ás 16:00

A Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo organiza viaxe con aloxamento para o partido do vindeiro Sábado 5 de Marzo de 2016 no Estadio Santiago Bernabeu.

 A saída está programada para a mañá do Sábado 5 ás 01:00 desde o Estadio de Balaídos e a volta para o Domingo 6 de Marzo ás 16:00. O paquete inclúe viaxe en autobus, 1 noite de hotel, almorzo e seguro de viaxe.

Prezo Peñistas e abonados do Celta: 80€
Prezo afeccionados en xeral: 90€

Último día para reservar e pagar a praza: Venres 27 de Febreiro de 2016 ou ata esgotar prazas.
NOTA: Imprescindible encher impreso LOPD