sábado, 14 de maio de 2016

Fotos XIX Convención de Peñas da FdP tempada 2015-2016 #PeñasCeltistas

Subimos xa ás fotos da XIX Convención de Peñas da FdP da tempada 2015-2016 celebrada o Sábado 7 de Maio de 2016 no Hotel Coia en Vigo.

Podedes acceder ás fotos desde a seguinte ligazón: https://www.flickr.com/photos/fdpcelta/albums/72157668274515066

Fase final torneo fútbol FdP do Celta

O vindeiro 17 de Maio de 2016 celebraremos a Fase Final do torneo de peñas celtistas. Estades todos convidados a ver e animar ás peñas que chegaron á fase final, a cal xogaremos nos campos da Madroa.

Horarios e cruces da previa segundo a imaxe seguinte:
Horarios e cruces dos partidos finais:

 SEMIFINAL 1 [1º A - 2º B][17:30] CAMPO: A MADROA A 
SEMIFINAL 2 [1º B - 2ª A][17:30] CAMPO: A MADROA B 
 FINAL[19:00] CAMPO: A MADROA A

mércores, 4 de maio de 2016

Viaxe e aloxamento ó #Atleti - #Celta coa FdP do Celta 14 e 15 de Maio de 2016

A Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo organiza viaxe a Madrid con aloxamento para o partido do vindeiro Sábado 14 de Maio de 2016 no Estadio Vicente Calderón.

 A saída está programada para a mañá do Sábado 14 ás 07:00 desde o Estadio de Balaídos e a volta para o Domingo 15 de Maio (pendente de confirmar o horario do partido). O paquete inclúe viaxe en autobus, 1 noite de hotel, almorzo e seguro de viaxe. Entrada non incluída no prezo.

Prezo Peñistas e abonados do Celta: 80€
Prezo afeccionados en xeral: 90€

Último día para reservar e pagar a praza: Venres 6 de Maio de 2016 ás 14:00 ou ata esgotar prazas.
NOTA: Imprescindible encher impreso LOPD