martes, 13 de decembro de 2016

Festa Infantil de Nadal

Coma todos os anos por estas datas de Nadal, a Federación de Peñas Celtistas celebra a Festa Infantil de Nadal, sendo o vindeiro domingo 18 de decembro a data elixida, e tendo coma novidade, que a mesma se celebrará no museo do Real Club Celta de Vigo, sita no estadio de Balaídos.

A mesma poden acudir todos os nenos que o desexen de balde, recollendo a invitación na oficina da FDPC o venres de 17:00 a 20:00 horas, ou ben o mesmo domingo, sendo o aforo limitado, debido o espazo.