xoves, 26 de setembro de 2019

Viaxe a Vitoria

A Federación de Peñas Celtista organiza un desprazamento a Vitoria para asistir o partido: Deportivo Alavés - RC Celta do domingo 20 de outubro de 2019 as 12:00 horas.
As prazas son limitadas.


martes, 26 de febreiro de 2019

Viaxe a Madrid

Co motivo da celebración do partido correspondente o Campionato de Liga de primeira división (Liga Santander), previsto para o sábado 16 de marzo de 2019, as 16:15 horas, que xoga o Real Madrid - Real Club Celta no estadio Santiago Bernabeu, a Federación de Peñas Celtistas organiza un desprazamento a Madrid para asistir a dito partido, tendo mais información no seguinte cartaz:



Así mesmo indicamos que a hora de saída esta supeditada a diversas circunstancias, polo que pode variar e adiantar a saída as 00:30 horas do sábado 16 de marzo.

martes, 29 de xaneiro de 2019

BUFANDEO

Ante a difícil situación deportiva que nestes intres atravesa o Real Club Celta, as Peñas Celtista coa Federación de Peñas o fronte organiza un bufandeo para recibir o equipo e amosarlle noso total apoioa estes futbolistas que nos van a sacar adiante.
Apoiemos e todos a unha.


venres, 11 de xaneiro de 2019

Viaxe a Valladolid

Co motivo da celebración do partido correspondente o Campionato de Liga de primeira división (Liga Santander), previsto en principio para o domingo 27 de xaneiro de 2019, horario non definitivo, xa que esta suxeito as eliminatorias da Copa do Rei, que xoga o Real Valladolid - Real Club Celta, a Federación de Peñas Celtistas organiza un desprazamento a Pucela para asistir a dito partido, tendo mais información no seguinte cartaz: