Aviso Legal - Uso do sitio web

O presente aviso legal establece as condicións de uso do sitio web "http://fdpcelta.blogspot.com.es” (en diante "web"), que FEDERACIÓN DE PEÑAS DO REAL CLUB CELTA DE VIGO, S.A.D., con domicilio en Estadio De Balaidos - Aptdo. De Correos 6100, 36.210 Vigo (Pontevedra) con CIF: V-36.190.668, Sociedade inscrita no rexistro nacional de asociacións do Ministerio de Interior GRUPO: 1 SECCIÓN: 2 Nº NACIONAL: 1524, pon a disposición da persoa usuaria. 

Conforme ao previsto na lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais suministrados a través da web, formarán parte dun ficheiro (automatizado ou non) responsabilidade da Federación, para que poidan ser utilizados cunha finalidade comercial, operativa e de actividades propias do obxecto social da Federación. A Federación conservará os seus datos, unha vez finalizada toda relación coa persoa usuaria, para cumprir as obrigas legais e de comunicación aos organismos públicos, que amparados na lei correspondente os soliciten. 

Os datos solicitados son necesarios. No caso de negarse a comunicar os datos será imposible informalo sobre a súa solicitude. A Federación procederá á cancelación dos datos recollidos cando deixen de ser necesarios ou pertinentes para a finalidade para a que fosen solicitados ou rexistrados. No caso de que os datos recollidos se utilizasen para unha finalidade distinta para a cal fosen solicitados ou recollidos requirirase o consentimento previo das persoas interesadas. 

A Federación adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. 

Os datos das persoas usuarias que  sexan obxecto de tratamento poderán exercer gratuitamente os dereitos de oposición, acceso e información, rectificación ou cancelación dos mesmos, así como a revogación da súa autorización sen efectos retroactivos nos termos especificados na lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal, conforme ao procedemento legalmente establecido. Estes dereitos poderán ser exercitados dirixindo un escrito a fdpcelta@gmail.com 

O acceso ao sitio web atribúe a condición de persoa usuaria e implica a aceptación plena e sen reservas por parte da mesma, de todas e cada unha das condicións incluídas neste aviso legal. 

Todos os dereitos de propiedade intelectual do dominio Web, así como dos seus contidos, pertencen, ben á Federación, ben a terceiras persoas, polo que ningúnha persoa usuaria está autorizada a facer uso deles, nin a imprimilos, nin os almacenar baixo ningún soporte físico en ningún caso, salvo que sexa para a súa utilización persoal e privada. Quedando, pois, prohibida a modificación, descompilación ou a utilización comercial de calquera parte da web. 

Tan só se autoriza a utilización dos contidos do dominio web con fins informativos e de servizo, sempre que se cite ou se faga referencia á fonte, sendo a persoa usuaria a única responsable do mal uso destes. 

Para acceder á información contida no sitio web e utilizar os servizos ofrecidos, as persoas menores de idade deben obter previamente permiso dos seus representantes (pais/nais, titores...). 

Os datos, textos, informacións, gráficos ou vínculos publicados na web, son recompilados con efectos meramente informativos para todas aquelas persoas interesadas nestes sen que, o seu acceso, xere relación comercial, contractual ou profesional entre as persoas usuarias e a Federación. No caso de discrepancia entre a información contida no sitio web e a contida en papel, prevalecerá esta última. A Federación resérvase o dereito de modificar os contidos do dominio web sen previo aviso. 

Os enlaces e hipertexto que, no seu caso, posibiliten o acceso a través do sitio web a prestacións e servizos ofrecidos por terceiros, non pertencen nin se atopan baixo o control da Federación, polo que non se fai responsable, nin da información contida nos mesmos, nin de calquera dos efectos que puidesen derivarse da devandita información. 

A persoa usuaria ten terminantemente prohibido introducir calquera tipo de virus no dominio web, así como intentar acceder aos seus datos, modifícalos, acceder ás contas de correo, mensaxes, etc. A Federación non garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade dos datos, programas, informacións ou opinións, calquera que sexa a orixe, que circulen pola súa rede ou polas redes ás que a persoa usuaria poida acceder a través da web. O cliente acepta expresamente deixar exenta a Federación de calquera responsabilidade relacionada coa web. A persoa usuaria asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso aos devanditos contidos así como da súa reprodución ou difusión. 

A Federación non será responsable das infraccións de calquera persoa usuaria que afecten aos dereitos doutra persoa usuaria da web, ou de terceiras persoas, incluíndo os dereitos de copyright, marcas, patentes, información confidencial e calquera outro dereito de propiedade intelectual ou industrial. A empresa fará uso das accións civís ou penais que por lei corresponda, ante calquera utilización indebida do seu dominio web. Os litixios que puidesen xurdir en relación a este dominio rexéranse unicamente polo dereito español, someténdose aos xulgados e tribunais competentes de Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario