Crear unha Peña

En primeiro lugar necesítanse seis representantes, que serán os fundadores da Asociación e que formaran a primeira Xunta Directiva da mesma.
En segundo lugar rechiar a Acta Fundacional e Estatutos que se axuntan a presente, tal e coma figuran, cos datos correspondentes.
Unha vez cubertos os mesmos, fáiselle unha fotocopia de cada unha das follas anteriormente rechiadas, e a continuación os promotores da mesma que figuran na Acta Fundacional, asinarán de puño e letra folla por folla no seu lugar correspondente, tal e coma figuran na Xunta Directiva.
Realizados estes primeiros trámites, o Acta Constitucional e Estatutos, orixinal e a copia, preséntanse na:

  • XUNTA DE GALICIA
    CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
    Delegación Provincial de Pontevedra

    Rúa Padre Fernando Olmedo, 1. 36002 PONTEVEDRA
    Tlfno.:986 865 635
  • XUNTA DE GALICIA
    CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
    Delegación Provincial de Vigo

    Ría Concepción Arenal, 8. 36201 VIGO
    Tlfno.: 986 817 606

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A TRAMITACIÓN DA INSCRIPCIÓN DAS ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE SE REXEN POLA LEI ORGÁNICA 1/2002, DO 22 DE MARZO (BOE DO 26.03.2002) E REAL DECRETO 1497/2003, DO 28 DE NOVEMBRO, POLO QUE SE APROBA O REGULAMENTO DO REXISTRO NACIONAL DE ASOCIACIÓNS E DAS SÚAS RELACIÓNS COS RESTANTES REXISTROS DE ASOCIACIÓNS (BOE DO 23.12.2003).

  1. Solicitude de inscrición da Asociación, na que conste:

    1. Identificación do solicitante, sinatura, NIF e cargo que ocupa na Asociación.
    2. Identificación da Asociación, denominación, enderezo (incluído no seu caso o de internet) e CIF. No caso de non achega-lo CIF na solicitude, unha vez obtido remitirase unha copia ó Rexistro de Asociacións para súa constancia.
    3. Descrición da documentación que xunta e petición que se formula.

      • Nas asociacións de ámbito provincial:

        Dirixida o Ilmo. Sr. Delegado Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da provincia correspondente, asinada pola persoa designada para tal efecto na Acta da Asemblea Extraordinaria ou polo representante da Asociación segundo os Estatutos (modelo I).
      • Nas Asociacións de carácter autonómico:

        A instancia dirixirase o Ilmo. Sr. Director Xeral de Interior e Protección Civil, asinada pola persoa designada para tal efecto na Acta da Asemblea Extraordinaria ou polo representante da Asociación segundo os Estatutos, (modelo I).
  2. Acta Fundacional por duplicado exemplar na que se identifica a tódolos promotores e se especifica o lugar e data do seu outorgamento. Na Acta débense recoller as sinaturas orixinais de tódolos promotores, debe figurar a súa vontade de constituír a Asociación e desígnanse os membros dos órganos provisorios de goberno, (modelo II).
  3. Dous exemplares dos Estatutos asinados en tódalas follas con sinaturas orixinais dos promotores.
  4. Documentación acreditativa da personalidade:
    1. Se os promotores son persoas físicas deberán remitir copia do DNI.
    2. Se son persoas xurídicas certificación do acordo adoptado polo órgano competente no que apareza a vontade de constituír a Asociación e formar parte dela así como a designación da persoa física que a representará (que tamén deberá acredita-la súa identidade coa remisión da copia do DNI). As persoas xurídicas acreditarán a súa existencia presentando copia compulsada da escritura pública de constitución ou documento constitutivo co xustificante da súa inscrición no correspondente rexistro.
  5. Taxa. Segundo a lexislación orzamentaria vixente.

  • Unha vez inscrita a Peña Celtista no Rexistro correspondente, farase unha fotocopia, a cal servirá para tramitar en Facenda o CIF correspondente.
  • Co correspondente CIF e unha copia dos Estatutos acódese a unha entidade bancaria para solicitar unha conta para a Asociación.
  • Concluído os pasos anteriores, so falta inscribir a Peña Celtista na Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo SAD, para o cal terá que presentar a seguinte documentación:

    · Fotocopia da Acta Fundacional e Estatutos inscritos no Rexistro correspondente.
    · Domiciliación bancaria.
    · Solicitude de admisión na FdP.
NOTA: Tódolos documentos necesarios (Acta Fundacional, Estatutos, Domiciliación Bancaria, Solicitude de Ingreso, pode descargalos da páxina web da FdP).


¿Pode levar a peña o nome dun xogador?

En aplicación dos artigos 7.6 y 2.2 da Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de Protección Civil do Dereito ao honor, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe e do artigo 8 da Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e preciso que conste o consentimento expreso da persoa física a que se alude para a inclusión de seu nome na mesma, ou o de seus sucesores, salvo que se acredite un intres histórico, científico ou cultural relevante.

Ficheiros relacionados:

Ningún comentario:

Publicar un comentario