Federación

Breve historia da Federación de peñas do Real Club Celta de Vigo


 1993-1994: Os comezos da FdP

Corrían os anos 90, cando o ditame dunha orden ministerial levou a os clubs de fútbol a converterse en Sociedades Anónimas Deportivas. Dende ese ano 1992, a estrutura dos clubs trocou de maneira evidente e, con ela, trocou tamén papel dos propios afeccionados. Xa non tiñan voz e voto nas Asembleas, coma antano, se non que se converteron en meros espectadores e aboados; o control se deixa nas mans dos accionistas das novas Sociedades Anónimas Deportivas.
Con este panorama, xurde a iniciativa, por parte dun grupo de representantes das Peñas Celtistas encabezado por José Méndez Castro, de fundar a Federación de Peñas do Real Club Celta SAD. A constitución desta Federación faise real o 28 de febreiro de 1993, nunha Asemblea Xeral Extraordinaria a que asisten os seguintes representantes: 

PEÑA CELTISTA DE ARCADE JUAN OMIL DOPAZO
PEÑA CELTISTA DE CARBALLIÑO CESÁREO RIVERA PÉREZ
PEÑA CELTISTA XOSÉ MANUEL ALVELO NICOLÁS GALIÑANES FARIÑA
PEÑA CELTISTA DE RIBADUMIA JOSÉ ÁNGEL ABAL CACABELOS
PEÑA CELTISTA DE CANIDO JAVIER COSTAS DIOS
PEÑA CELTISTA DE ARBO JOSÉ MÉNDEZ CASTRO
PEÑA CELTISTA DE NOIA FRANCISCO MIGUENS ROO
PEÑA CELTISTA DE PORRIÑO CELESTINO ALONSO DOBARRO
PEÑA CELTISTA DO BAIXO MIÑO – A GUARDA JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ BARROS
PEÑA CELTISTA TUDENSE - TUI JOSÉ ROGELIO BESADA PARAMOS
PEÑA CELTISTA COMANDO CELTA - VIGO LEOPOLDO CELARD CORREA
PEÑA CELTISTA DE PORTO DO SON ÁNGEL VÁZQUEZ CASTELO
PEÑA CELTISTA DE PONTECALDELAS JESÚS RODRÍGUEZ MÉNDEZ
PEÑA CELTISTA NOSA TERRA - VILABOA XOSÉ LUÍS CORTEGOSO PEQUENO
PEÑA CELTISTA DE BEMBRIVE - VIGO COSME FERNÁNDEZ VIEITEZ
PEÑA CELTISTA DE AS PONTES ALEXANDRE SENDIN FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
PEÑA CELTISTA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ANDRÉS GARCÍA IGLESIAS
A Asemblea de peñistas decide tamén o nomeamento de José Méndez Castro coma o encargado de levar a cabo todos os trámites necesarios para legalizar a Federación e proceder a seu rexistro no Ministerio do Interior.
Publicado no Faro de Vigo o luns 3 de maio de 1993. A foto corresponde a Asemblea Xeral Extraordinaria, que se celebrou nas oficinas do RC Celta, e na que se elixi a primeira Xunta Directiva da FdP.

A Primeira Xunta Directiva:

O 2 de maio de 1993, nunha Asemblea Xeral Extraordinaria, aprobanse os Estatutos da nacente Federación de Peñas da cual se elixe a sua primeira Xunta Directiva, que quedará conformada por:
PRESIDENTE Andrés García Iglesias Peña Celtista de Santiago de Compostela
VICEPRESIDENTE José Carlos Rodríguez Barros Peña Celtista Baixo Miño - A Guarda
SECRETARIO José Méndez Castro Peña Celtista de Arbo
TESOUREIRO Cosme Fernández Vieitez Peña Celtista Bembrive - Vigo
VOGAL 1º Xosé Luís Cortegoso Pequeno Peña Celtista Nosa Terra - Vilaboa
VOGAL 2º Nicolás Galiñares Fariña Peña Celtista Xosé Manuel Alvelo
VOGAL 3º Leopoldo Celard Correa Peña Comando Celta - Vigo
VOGAL 4º Javier Costas Dios Peña Celtista de Canido - Vigo
VOGAL 5º Manuel Máteos Alonso Peña Celtista de Vilalba

Coa Federación de Peñas xa en marcha e encabezada pola súa Xunta Directiva, non quedaba mais que inaugurala de forma oficial e dala a coñecer. Así, o 30 de maio de 1993, o Hotel Samil de Vigo foi testigo da presentación oficial en sociedade da Federación de Peñas do Real Club Celta SAD.

Dende súa inauguración e presentación oficial, se sucederon as reunións entre os membros da Xunta Directiva da Federación e os membros do Consello de Administración do RC Celta, co obxectivo de conseguir un local social para a Federación, que se situaría nos baixos do Estadio de Balaidos.


TEMPADA 1994-1995: A Federación de peñas inaugura local

O 11 de decembro de 1994, se procede a inauguración oficial do local social da Federación de Peñas. No estreo do local estiveron presentes, ademais dos representantes das Peñas Celtistas e da Xunta Directiva da Federación de Peñas, Ignacio Núñez Gallego (Presidente do Consello de Administración), Roberto Prieto Baena e Fidel Álvarez (Conselleiros), David Hortas (en representación do Alcalde de Vigo) e Javier Álvarez Salgado (Concellal de Deportes) e coa bendición do capelán do Real Club Celta, Eladio Quiroga. Deste modo o local social da Federación de Peñas abriu súas portas e iniciou sua actividade en busca de dar cabida nel, os intereses dos afeccionados e peñistas celestes.
Publicado en faro de Vigo na data do 12 de decembro de 1994.
A partir do mes de febreiro de 1995, varias Peñas (a maioría de Vigo) mostraron seu descontento co modo de dirixir a Federación de Peñas; unha presión que levou a seu Presidente, Andrés García Iglesias a presentar sua demisión. Así as cousas, a Xunta Directiva decide a convocatoria dunha Asemblea Xeral Extraordinaria para o día 9 de abril de 1995 na que se fixo efectiva a demisión de Andrés García Iglesias e na que se procederá a elección dunha Xunta Xestora que se encargaría da xestión temporal da Federación ata que se elixise unha nova Xunta Directiva. Esta Xunta Xestora quedou composta por: 

PEÑA CELTISTA BARULLO NO ÁREA - VIGO LINO ROMERO ALONSO
PEÑA CELTISTA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ANDRÉS GARCÍA GLESIAS
PEÑA CELTISTA DE ARBO JOSÉ MÉNDEZ CASTRO
PEÑA CELTISTA DE VIVEIRO MODESTO DEMETRIO PEÑA LÓPEZ
PEÑA CELTISTA CASA MILLOS - VIGO JUAN JOSÉ DOCAMPO MILLOS

Esta Xunta Xestora fixou a Asemblea Xeral Extraordinaria, na que se elixiría Xunta Directiva da Federación, para o 7 de maio de 1995. Nesta Asemblea, resultou elixido coma novo Presidente da Federación de Peñas, Lino Romero Alonso, da Peña Barullo no Área, e a Xunta Directiva quedou coma sigue:

PRESIDENTE Lino Romero Alonso Peña Celtista Barullo no Área - Vigo
VICEPRESIDENTE Juan José Docampo Millos Peña Celtista Casa Millos - Vigo
SECRETARIO José Méndez Castro Peña Celtista de Arbo
TESOUREIRO Arximiro Rodríguez Carballido Peña Celtista Rikitri - Vigo
VOGAL 1º Ricardo Costas Benavides Peña Comando Celta - Vigo
VOGAL 2º Modesto Demetrio Peña López Peña Celtista de Viveiro
VOGAL 3º Francisco Miguens Roo Peña Celtista de Noia
VOGAL 4º Joaquín Macías Salgado Peña Celtista de A Rúa

O Celtismo refórzase coa crise dos avais

A Federación de Peñas, e toda a afección celeste, tivo que enfrontarse, meses despois, a un dos capítulos mais complexos, tristes e polémicos da historia do Real Club Celta; a denominada "Crises dos Avais".

Cronoloxía da crise dos avais:

  • 31 de Xullo.
    • Remata o prazo para que os 40 Clubs de 1ª e 2ª División presenten ante a Liga de Fútbol Profesional (LFP) seu estado de contas e avalen o 5ª de seus orzamentos para a próxima tempada.

  • 1 de Agosto.
    • Os Comités Deportivos e de Finanzas da LFP deciden non inscribir o Sevilla e o Real Club Celta nas competicións profesionais por non avalar seus orzamentos. Ambos descenden a Segunda División B e se invita o Real Valladolid e o Albacete a que ocupen súas prazas en Primeira.
    • Fontes do Consello Superior de Deportes (CSD) aseguran a EFE que "existen poucos visos de que prosperen os posibles recursos do Sevilla e Real Club Celta ante o CSD ou ante a Xustiza Ordinaria".
    • Poucas horas despois de coñecerse a noticia, numerosos afeccionados agolpanse nos aledaños do estadio Sánchez Pizxoán, e do estadio de Balaídos, en Vigo. Berros contra os directivos e Consellos de Administración de ambos Clubs.

  • 2 de Agosto.
    • O Presidente do Real Club Celta, Horacio Gómez, e o Alcalde de Vigo, Manuel Pérez, acoden a LFP para analizar a situación co Secretario Xeral desta entidade, Jesús Samper.
    • José María del Nido, Vicepresidente do Sevilla, tamén viaxa a Madrid e visita as oficinas da LFP e do CSD. O directivo do Sevillista asegura que pode acreditar que o 31 de xullo depositou nun Banco os documentos necesarios e un aval do 5% de seu orzamento en favor da LFP, e anuncia que recorrerán ante o CSD.
    • Comeza a falarse dunha liga de 22 equipos en Primeira División. Toni Fidalgo, xefe de relacións externas da LFP, considera que esta circunstancia é "practicamente imposible" e Jesús Samper manifesta que "non entra nos seus plans".
    • Unhas 20.000 persoas maniféstanse pola tarde na Praza Nova da capital andaluza.

  • 3 de Agosto.
    • Marcos Fernández, Presidente do Real Valladolid, advirte que, de non confirmarse o ascenso de seu equipo a Primeira, non acudirán os encontros de Segunda División.
    • José María del Nido e o Alcalde en funcións de Sevilla, Jaime Bretón, presentan recurso ordinario no CSD.
    • Jerónimo Saavedra, Ministro de Educación e Ciencia, baixo cuia responsabilidade recae o deporte español, arremete contra os directivos dos equipos descendidos e suxire que, "habería que reflexionar sobre un posible cambio da Lei do Deporte".
    • Dúas horas despois, o Secretario de Estado para o Deporte e Presidente do CSD, Rafael Cortés Elvira, insiste en que se cumprirá a lexislación e pide que "cesen as presións" que sofren o CSD e el mesmo.
    • En Vigo, son, mais de 20.000 os afeccionados que se concentran na Porta do Sol desta Cidade, convocados polo Consello Económico e Social e a FEDERACIÓN DE PEÑAS DO REAL CLUB CELTA SAD.

  • 4 de Agosto.
    • A Delegada do Goberno en Andalucía, Amparo Rubianes, apunta que ai base legal suficiente para que o Sevilla e o Real Club Celta sexan readmitidos e pide a dimisión de súas respectivas directivas. O Grupo Socialista da Xunta de Andalucía solicita o Goberno que considere a situación.
    • Tras o Consello de Ministros dos venres, o Ministro portavoz do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, respalda a opinión do titular de Educación (revisar a Lei) e mostrase partidario de que se castigue os directivos, "pero non as afeccións e os xogadores".
    • Membros da Federación de Peñas Sevillistas e Biris encérranse no estadio Sánchez Pizxoán.

  • 5 de Agosto.
    • Jorge Valdano, adestrador do Real Madrid, insiste en que debe cumprirse a Lei "se non, entraremos no reíño do disparate". O arxentino rechoza unha competición de 22 equipos, e lle respaldan varios personaxes relevantes do fútbol español, entre eles, o técnico azulgrana Johan Cruyff.
    • Luís Cuervas, Presidente do Sevilla, dimite "para quitar presión o Club e que este poida traballar máis tranquilo, a vista de que a maioría dos afeccionados o piden". José María Del Nido daise cargo da entidade.

  • 6 de Agosto.
    • Del Nido, Presidente do Sevilla, xa comenta que o "CSD podería pedir a Liga que rectifique súa resolución".
  • 7 de Agosto.
    • O Real Club Celta amplía súas alegacións ante o Consello Superior de Deportes e invoca a Lei de Procedemento Administrativo para demostrar que non se lles concedeu o prazo engadido obrigatorio para subsanar errores ou omisións na documentación entregada a LFP.
    • O campo de A Madroa enchese para ver o adestramento do Real Club Celta. En Sevilla, 35.000 espectadores abarrotan o Sánchez Pizxoán para presenzar un adestramento do equipo andaluz.

  • 8 de Agosto.
    • Del Nido, Presidente do Sevilla, chega o CSD para completar as alegacións de seu Club. Se seguen invocando a Lei de Procedemento Administrativo e o precedente da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB).
    • A Federación Andaluza de Fútbol pecha súas oficinas ata que se pronuncie o CSD, en solidariedade cos equipos descendidos.

  • 9 de Agosto.
    • Valladolid e Albacete tamén remiten o CSD súas respectivas alegacións.
  • 10 de Agosto.
    • O CSD desestima os recursos do Sevilla e Real Club Celta e se inhibe en favor da Liga, cuia decisión respalda, pero invita a esta a que "sexa solidaria" e admita unha "Liga de 22 equipos coma solución menos mala".
    • Afeccionadas do Valladolid e Albacete vótanse a rúa para celebrar o que, creen, confirma os seus equipos na Primeira División. En Vigo, a decisión considerase "vergoñosa". Mentres, Del Nido transmite tranquilidade e optimismo os seareiros do Sevilla.
  • 11 de Agosto.
    • Reúnese o Comité Deportivo e de Finanzas da LFP. Cobra corpo unha Liga de 22 equipos.
    • Dirixentes de varios Clubs rechaman esta posibilidade, porque, argumentan, lles causaría prexuízos económicos e deportivos pola saturación do calendario.

  • 13 de Agosto.
    • O Concellal de Deportes do Concello de Vigo, José Manuel Figueroa, anuncia que 2.000 afeccionados acudirán a Madrid para presionar a Asemblea da LFP o día que esta se reúna. As Peñas sevillistas desconvocan a mobilización de seareiros sevillistas que habían previsto hacha Madrid.
  • 14 de Agosto.
    • A LFP recibe un Fax dunha entidade bancaria que certifica que o 31 de xullo o Consello de Administración do Sevilla ordenou unha transferencia en favor de Liga para garantir o aval solicitado.
  • 15 de Agosto.
    • O Secretario Xeral da LFP, Jesús Samper, di a EFE que "en ningún caso a Liga se botará atrás na súa decisión de descender o Sevilla e Real Club Celta, se non que se intentará flexibilizar a Lei".
    • 3.000 celtistas reservan praza para acudir a Madrid o 16 de agosto nun desprazamento organizado pola Federación de Peñas do Real Club Celta SAD en colaboración co Concello de Vigo. A policía reforza as medidas de seguridade en torno a sede da LFP.
    • O Deportivo da Coruña pide os 40 Clubs profesionais, a través dun comunicado oficial, que voten na Asemblea da LFP en favor dunha competición de 22 equipos en Primeira.
  • 16 de Agosto.
    • A Asemblea da LFP decide ampliar por aclamación a 22 o número de equipos en Primeira División para a próxima tempada. Sevilla e Real Club Celta polo tanto, continúan na máxima categoría.


TEMPADA 1995-1996

Coa "Crises dos Avais" resolta, o 3 de setembro de 1995, a Federación de Peñas celebra súa Asemblea Xeral Extraordinaria. Tras a resolución dos asuntos previstos na orde do día, se procedeu a un debate sobre a crises vivida polo Real Club Celta días atrás. Tras este debate, as Peñas acordaron, por unanimidade, enviar un escrito a os medios de comunicación e o Consello de Administración do Real Club Celta co seguinte contido:
"Esixir responsabilidades ata averiguar quén ou quenes foron as persoas que cometeron os errores, e unha vez feito, presentar a correspondente dimisión, ou co caso de ser empregado do Club, proceder a unha rescisión contractual co Real Club Celta SAD".
O 22 de outubro de 1995, en Asemblea Extraordinaria, se procede a reforma da Xunta Directiva da Federación de Peñas, motivada pola dimisión de Juan José Docampo Millos (Peña Celtista Casa Millos). Deste modo, Lino Romero Alonso (Peña Celtista Barullo no Area) pasa a ser Presidente, José Méndez Castro (Peña Celtista de Arbo) pasa a ser Vicepresidente 1º, Modesto Demetrio Peña López (Peña Celtista de Viveiro), Vicepresidente 2º e Begoña Vázquez Rivadulla (Peña Celtista Alvarito), Secretaria. Así as cousas, a Xunta Directiva da Federación de Peñas queda conformada por: 

PRESIDENTE Lino Romero Alonso Peña Celtista Barullo no Área - Vigo
VICEPRESIDENTE 1º José Méndez Castro Peña Celtista de Arbo
VICEPRESIDENTE 2º Modesto Demetrio Peña López Peña Celtista de Viveiro
SECRETARIO Begoña Vázquez Rivadulla PEña Celtista Alvarito - Vigo
TESOUREIRO Arximiro Rodríguez Carballido Peña Celtista Rikitri - Vigo
VOGAL 1º José Manuel Boullosa González Peña Celtista os de Lavadores - Vigo
VOGAL 2º Carlos Lago Blanco Peña Celtista La Ría - Vigo
VOGAL 3º Francisco Miguens Roo Peña Celtista de Noia
VOGAL 4º Juan Antonio Fernández Goris Peña Celtista Sebastián Losada - Vigo


TEMPADA 1997-1998: Punto de inflexión na FdP

Na Asemblea Extraordinaria do 31 de agosto de 1997, o Presidente da Federación de Peñas, Lino Romero Alonso, presenta súa dimisión por motivos de saúde, polo que se procede a un novo proceso electoral. A Xunta Directiva elixida será a encabezada por Begoña Vázquez Rivadulla, e estará composta polos seguintes membros:

PRESIDENTE Begoña Vázquez Rivadulla Peña Celtista Alvarito - Vigo
VICEPRESIDENTE Modesto Demetrio Peña López Peña Celtista de Viveiro
SECRETARIO José Méndez Castro Peña Celtista de Arbo
TESOUREIRO Arximiro Rodríguez Carballido Peña Celtista Rikitri - Vigo
VOGAL 1º Nicolás Galiñanes Fariña Peña Celtista Xosé Manuel Alvelo
VOGAL 2º Marcos Santos Pérez Peña Bueu Celeste
VOGAL 3º Francisco Xavier Serantes García Peña Celtista de A Estrada
VOGAL 4º Valentín Muñoz Fernández Peña Celtista Tudense

O 1 de marzo de 1998, en Asemblea Xeral Extraordinaria, se procede a aprobación e lectura do programa da I Convención de Peñas do Real Club Celta, que se celebrará os días 1, 2 y 3 de maio, tradición que ten continuidade na actualidade.
Na seguinte Asemblea Xeral Extraordinaria, a do 29 de agosto de 1999, se aproba a integración da Federación de Peñas do Real Club Celta en AFEPE (Afeccións Unida - Asociación de Federacións Españolas de Peñas de Fútbol).


TEMPADA 2000-2001


O 17 de setembro de 2000, a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación de Peñas vai a ratificar a dous novos cargos na súa Xunta Directiva: Rosa María Santos Pérez (Peña Celtista de Bueu) coma Vicepresidenta 1ª e José Carlos Rodríguez Barros (Peña Celtista Baixo Miño) coma Vocal. Quedando composta a Xunta Directiva por:

PRESIDENTE Begoña Vázquez Rivadulla Peña Celtista Alvarito - Vigo
VICEPRESIDENTE 1º Rosa María Santos Pérez Peña Bueu Celeste
VICEPRESIDENTE 2º Modesto Demetrio Peña López Peña Celtista de Viveiro
SECRETARIO José Méndez Castro Peña Celtista de Arbo
TESOUREIRO Arximiro Rodríguez Carballido Peña Celtista Rikitri - Vigo
VOGAL 1º Nicolás Galiñanes Fariña Peña Celtista Xosé Manuel Alvelo
VOGAL 2º José Carlos Rodríguez Barros Peña Celtista Baixo Miño - A Guarda
VOGAL 3º Francisco Xavier Serantes García Peña Celtista de A Estrada
VOGAL 4º Valentín Muñoz Fernández Peña Celtista Tudense


TEMPADA 2001-2002: A FdP do S.XXI

A Asemblea Xeral Extraordinaria do 9 de setembro de 2001 se convoca co motivo de elixir a nova Xunta Directiva da Federación de Peñas, despois de catro anos, coma marcan os Estatutos, que queda composta por:
PRESIDENTA Begoña Vázquez Rivadulla Peña Celtista Alvarito - Vigo
VICEPRESIDENTA Rosa María Santos Pérez Peña Bueu Celeste
SECRETARIO José Méndez Castro Peña Celtista de Arbo
TESOUREIRO Arximiro Rodríguez Carballido Peña Celtista Rikitri - Vigo
VOGAL 1º Modesto Demetrio Peña López Peña Celtista de Vivieiro
VOGAL 2º José Carlos Rodríguez Barros Peña Celtista Baixo Miño - A Guarda
VOGAL 3º Antonia Mouriño Sabucedo Peña Celtista Quinocho - Vigo
VOGAL 4º Luís Manuel Pérez Fernández Peña Celtista Belupa - Vigo
VOGAL 5º Castor Álvarez Domínguez Peña Celtista A Ría - Vigo

Do mesmo modo, se decide a creación de catro Comisións Delegadas adxuntas a dita Xunta Directiva, das que formarán parte: 

ANIMACIÓN Xosé Antón Ferrón Ventoso Peña Celtista Meigallo Celta - Vigo
RECURSOS ATIPÍCOS Reyes Álvarez Comesaña Peña Celtista Terra Celeste - A Coruña
DEPORTES Gustavo Trigo Miguez Peña Celtista a Caoilla - Mos
SECRETARÍA Amada Lago Meirás Peña Celtista Sempre co Celta - Vigo


TEMPADA 2003-2004

A Asemblea Xeral Extraordinaria do 25 de xaneiro de 2004 terá coma tema principal no seu orden do día a adaptación dos estatutos da Federación de Peñas a Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo, Reguladora do Dereito de Asociación. Durante a Asemblea Xeral Ordinaria de 4 de setembro de 2004, se procede a ratificación de Reyes Álvarez Comesaña (Peña Celtista Terra Celeste) coma Vogal da Xunta Directiva da Federación de Peñas.


TEMPADA 2005-2006

A convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria do 18 de setembro de 2005 se realiza co motivo de proceder a elección dunha nova Xunta Directiva da Federación de Peñas, despois de catro anos coma marcan os Estatutos, o haber rematada o mandato da mesma.
Esta Xunta Directiva estará encabezada por Rosa María Santos Pérez e composta por:
PRESIDENTA Rosa María Santos Pérez Peña Bueu Celeste
VICEPRESIDENTE José Carlos Rodríguez Barros Peña Celtista Baixo Miño
SECRETARIA Antonia Mouriño Sabucedo Peña Celtista Quinocho
TESOUREIRA María Carmen Comesaña Pazos Peña Sempre co Celta
VOGAL 1º Carmen María Iglesias Pereira Peña Celtista Gudelj - Vigo
VOGAL 2º Miguel Toledano González Peña Celtista Carcamáns
VOGAL 3º Ángel González Albar Peña Celtista de Venezuela
VOGAL 4º Javier Encisa de Sa Peña Celtista Siareiros.net - Vigo
O 24 de setembro de 2006, esta Xunta Directiva se vai remodelar debido a dimisión de José Carlos Rodríguez Barros como Vicepresidente. Desta forma, a Xunta Directiva da Federación de Peñas, queda coma sigue:
PRESIDENTA Rosa María Santos Pérez Peña Bueu Celeste
VICEPRESIDENTA Antonia Mouriño Sabucedo Peña Celtista Quinocho
SECRETARIA Carmen María Iglesias Pereira Peña Celtista Gudelj - Vigo
TESOUREIRA María Carmen Comesaña Pazos Peña Sempre co Celta
VOGAL 1º Pedro César Rodríguez Souto Peña Celtista de Pontevedra
VOGAL 2º Miguel Toledano González Peña Celtista Carcamáns
VOGAL 3º Ángel González Albar Peña Celtista de Venezuela
VOGAL 4º Javier Encisa de Sa Peña Celtista Siareiros.net - Vigo


TEMPADA 2007-2008

Na Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación de Peñas do 18 de xuño de 2007 esta Xunta Directiva vai presentar súa dimisión, procedéndose, a continuación, a convocatoria de eleccións.
A mesma se desenrola o día 6 de outubro de 2007, presentándose dúas candidaturas, por unha parte Rosa María Santos Pérez, que obtivo 27 votos, mentres que Begoña Vázquez Rivadulla alcanzou 37, habendo 1 voto nulo, dun total de 72 Peñas con pleno dereito a voto. Sendo proclamada Begoña Vázquez Rivadulla coma Presidenta da FdP para os próximos catro anos cos seguintes membros:
PRESIDENTA Begoña Vázquez Rivadulla Peña Celtista Sempre co Celta - Vigo
VICEPRESIDENTE José Méndez Castro Peña Celtista de Arbo
SECRETARIO Víctor Capón Carrera Peña Celtista Fernando Vázquez
TESOUREIRO Manuel Lorenzo Estévez Peña Celtista Val Miñor - Nigrán
VOGAL 1º Valentín Barcia Peña Peña Celtista Centro Celeste - Vigo
VOGAL 2º José Adolfo Seoane Miguez Peña Celtista de Arcade
VOGAL 3º Jorge Juan Rodríquez Gómez Peña Celtista de Burela
VOGAL 4º Rafael Longo Fachado Peña Celtista Rianxeira


TEMPADA 2011-2012

E así na data prevista do 11 de setembro de 2011, celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria da FdP. Na mesma aprobáronse as contas do pasado curso e debatéronse diversas cuestións de intres para os peñistas, aínda que o asunto mais importante era a convocatoria de eleccións para rexer o destino da Federación durante os vindeiros catro anos. Concluído o prazo de presentación de candidaturas sen ningunha presentada, será unha Xunta Xestora a que dirixa a Federación a vindeira tempada.
Na Asemblea solicitáronse voluntarios para formar parte da Xunta Xestora, que estará presidida por José Méndez Castro, Presidente da Peña Celtista de Arbo, cunha dilatada traxectoria na Federación de Peñas, sendo un dos fundadores da Asociación, e que foi o primeiro en ofrecerse. O prazo mínimo para que esta Xunta Xestora goberne é de dous meses e o máximo dun ano, aínda que se acordou que será dun ano.
A mesma quedou formada polos seguintes membros voluntarios: 

PRESIDENTE José Méndez Castro Peña Celtista de Arbo
VICEPRESIDENTE Víctor Capón Carrera Peña Celtista Fernando Vázquez
SECRETARIO Sergio Costa Sánchez Peña Celtista Sempre co Celta - Vigo
TESOUREIRO Arximiro Rodríquez Carballido Peña Celtista Rikitri - Vigo
VOGAL 1º Valentín Barcia Peña Peña Celtista Centro Celeste - Vigo
VOGAL 2º Manuel Vidal Rodríguez Peña Celtista Os Zoqueiros - Porriño
VOGAL 3º Vicente Jesús Rodríguez Castro Peña Celtista Tudense - Tui


TEMPADA 2012-2013

Na Asemblea Xeral  Extraordinaria da FPPC, celebrada o 18 de agosto de 2012, e unha vez rematado o mandato da Xunta Xestora, esta presentou a súa demisión, para sí elixir unha Xunta Directiva, que, unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas, non se presentou ningunha.
E por elo, que a Xunta Xestora dimitida e ante a falta de candidatos a formar unha nova Xestora, acordou continuar unha tempada mais o fronte..
A mesma esta formada polos seguintes membros:

PRESIDENTE:
JOSÉ MÉNDEZ CASTRO
PEÑA CELTISTA DE ARBO
VICEPRESIDENTE:
VÍCTOR GENARO CAPÓN CARRERA
PEÑA CELTISTA FERNANDO VÁZQUEZ
SECRETARIO:
SERGIO COSTA SÁNCHEZ
PEÑA SEMPRE CO CELTA - VIGO
TESOUREIRO:
ARXIMIRO RODRÍGUEZ CARBALLIDO
PEÑA CELTISTA RIKITRI - VIGO
VOGAL 1º:
VALENTÍN BARCIA PEÑA
PEÑA CENTRO CELESTE - VIGO
VOGAL 2º:
MANUEL VIDAL RODRÍGUEZ
PEÑA CELTISTA OS ZOQUEIROS - PORRIÑO
VOGAL 3º:
VICENTE JESÚS RODRÍGUEZ CASTRO
PEÑA CELTISTA TUDENSE - TUI


TEMPADA 2013-2014

E así chegado o 19 de agosto de 2013, despois de celebrada a Asemblea Xeral Ordinaria, na que se aprobaron todos os puntos da orde do día, celebrase a  Asemblea Xeral Extraordinaria da FPPC, con dous puntos na orde do día: Presentación de Candidaturas e Elección da Xunta Directiva.

Na primeira so se presentou unha Candidatura, encabezada por José Méndez Castro, a cal foi elixida no segundo punto da orde do día, polo que durante as vindeiras catro tempadas, remata o final da tempada 2016/2017, a FDPC será dirixida polos seguintes membros:

CARGO
NOME E APELIDOS
PEÑA CELTISTA
PRESIDENTE:
JOSÉ MÉNDEZ CASTRO
PC DE ARBO
VICEPRESIDENTE:
VÍCTOR GENARO CAPÓN CARRERA
PC FERNANDO VÁZQUEZ
SECRETARIO:
SERGIO COSTA SÁNCHEZ
PC SEMPRE CO CELTA
TESOUREIRO:
ARXIMIRO RODRÍGUEZ CARBALLIDO
PC RIKITRI
VOGAL 1º:
VICENTE JESÚS RODRÍGUEZ CASTRO
PC TUDENSE
VOGAL 2º:
FRANCISCO JAVIER BASTOS DOMÍNGUEZ
PC OS ZOQUEIROS
VOGAL 3º:
CHRISTIÁN GARCÍA SOTELO
PC PREFERENCIA CELESTE
VOGAL 4º:
PABLO ALONSO GÓMEZ
PC IRMANDIÑOS 1923



Ningún comentario:

Publicar un comentario