xoves, 5 de abril de 2018

Viaxe a Villarreal

A FDPC organiza un desprazamento a Villarreal co motivo do partido: Villarreal - RC Celta do fin de semana do 29 de abril, sen coñecemento do día e hora, aproveitando a ponte do martes 1 de maio, festivo, tendo prevista a saída o venres 27 de abril as 23:30 horas e regreso o martes 1 de maio de 2018.

Para elo anexa o cartaz coa información da viaxe, pregandolle os seareiros que estean interesados en inscribirse, o realizen na maior brevidade de tempo posible, para o bloqueo de habitacións no hotel.

Igualmente indicamos que a viaxe inclue media pensión, e dicir, cea, durmida e almorzo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario